Onte mércores 15 de xaneiro de 2020, e como inicio das actividades centradas na celebración do Día das Letras Galegas 2020, inaugurouse no colexio Fingoi a exposición Carballo Calero en Lugo: D. Ricardo de Fingoi. No acto interviñeron:
- Xulio Xiz. Organizador da exposición e integrante do grupo Egeria.
- Margarita Carballo Calero Ramos. Hija de Ricardo Carballo Calero.
- Siña Fernández Puentes. Directora do Colexio Fingoi.
- Mª Dolores Fernández Fernández. Ex alumna de Carballo Calero.
- Pilocha Martínez. Profesora de canto do Centro de Música Fingoi.
- Víctor F. Freixanes. Presidente da Real Academia Galega.
- Valentín García Gómez. Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.
Participaron tamén os Gaiteiros de Fingoi, o coro de alumnos de 5º e 6º de EP dirixidos polos seus profesores Pepe Vaamonde e Paloma Suances, e Jacobo, biznieto de Carbballo Calero acompañado do profesor de violín Manuel Fernández Gayol No acto estivo presente un numeroso público.
A exposición poderá visitarse no Colexio Fingoi (rúa Aviación española 37, Lugo) de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 18:00 horas ata o próximo día 21 de xaneiro, data na que se trasladará ao edificio da Delegacion Provincial da Xunta de Galicia, sito na Ronda da Muralla.
O seguinte video resume as intervencións que tiveron lugar no Acto:
Ademáis, o "TIC - Servicio de Audiovisuais" da Deputación de Lugo realizou a seguinte reportaxe da exposición:
Margarita Carballo Calero e Siña Fernández Puentes
Entrega de flores a Margarita Carballo Calero
Mª Dolores Fernández Fernández
Víctor F. Freixanes
Coro de alumnos de 5º e 6º EP do Colexio Fingoi, dirixidos por Paloma Suanzes
Pilocha Martínez
Valentín García Gómez
Actuación de Jacobo, biznieto de Carballo Calero, xunto ao seu profesor de violín, Manuel Fernández Gayol
Actuación dos Gaiteiros de Fingoi