O venres 6 de marzo de 2020, tivemos a ocasión de escoitar ó profesor e ex-alumno do Colexio Fingoi Xulio Pardo de Neyra, autor de: Á sombra de María Silgar. Carvalho Calero contra a historia única, acompañado de Miguel Tovar, director de Edicións Embora.
Neste minucioso ensaio o autor aporta unha visión novidosa na análise das novelas A xente da Barreira e mais Os señores da Pena, que se centran na decadencia da fidalguía e as transformacións da Galicia rural.
Na obra ademais fai fincapé nos momentos vitais de Carvalho Calero, especialmente nos anos como Director do colexio Fingoi, destacando o seu rigor como investigador.
No acto Lucía Rigueiro, alumna de 1º BAC, canta o poema de María do Carme Krukemberg Ferida de amor con música de Antón Seoane, acompañada á guitarra por Evaristo Frieiro, profesor de guitarra do Centro de Música Fingoi.
Xulio Pardo de Neyra, Asunción Fernández Puentes e Miguel Tovar
Instante de la actuación de Lucía Rigueiro y Evaristo Frieiro.