Lectura do poema: Ferrol 1916

 

Ricardo Carvalho Calero escreveu poesía dende que tiña 15 anos. Foi poeta toda a súa vida. Ademais de narrador, autor de teatro e  lingüista a poesía foi un eixe central dentro do seu labor literario e investigador. A poesía era un ben precioso ao que se aferrar como instrumento necesario a través do cal verter as súas inquedanzas, dúbidas, alegrías, pensamentos... O poema Ferrol 1916 apareceu publicado no  libro Futuro condicional e móstranos claves autobiográficas que nolo aproximan.


Esta lectura perfecta nas voces infantís trasládanos ao Ferrol de comezos do século XX. Os versos de Carvalho anóvanse coa voz do seu bisneto.

 

 

Colexio Fingoi, Aviación Española nº 37, 27002 Lugo  - secretaria@fingoi.com

Tel: 982 221 630 - 982 284 094

(9:00 a 16:00 h)