Pilar García Negro, Pilar Pallarés, Henrique Rabuñal e Henrique Dacosta son autores de obras que divulgan a figura e a obra de Carvalho Calero. As dúas autoras foron alumnas de don Ricardo e destacan nos seus estudos tamén a súa faceta persoal e como “ a distancia e circunspección iniciais se convertían en cordialidade e nunha inmensa xenerosidade nun trato máis próximo. Era discreto, humilde, perseverante, irónico, leal aos ideais e ás persoas”
En todos os casos son achegas a unha figura que encarna a dignidade, a liberdade, a sabedoría e un altísimo grao de compromiso coa lingua e a cultura. Ler para coñecer a Carvalho Calero e achegarnos a nós mesmos.