Os anos lucenses: Carvalho Calero e o Colexio Fingoi: artigo en Nós diario

 

No Colexio Fingoi exerceu Calero o seu labor docente dende 1950 ata 1965, e durante eses quince anos será un lucense máis e participará activamente na vida social e cultural da cidade. Unha das máis importantes pegadas que deixou no centro foi a organización de representacións teatrais nas que exercía como director, co alumnado como actores e actrices.

Así, baixo os auspicios de don Ricardo realizábanse noitadas nas que se procuraba a convivencia dos pais cos alumnos e cos profesores; nelas chegáronse a representar escenas do teatro noh xaponés, pezas ou fragmentos de obras de Plauto, textos en francés, inglés e latín, obras clásicas e modernas... Mención especial cómpre facer da Farsa das zocas, baseada nun conto popular galego, obra do propio Carvalho; e a montaxe de "Pimpinela", un dos lances de Os vellos non deben de namorarse, de Castelao.

O Colexio Fingoi cunha filosofía de traballo baseada nos principios da Institución Libre de Enseñanza, unha corrente nacida a finais do século XIX, defendía unha renovación pedagóxica sobre os principios da formación integral do alumnado nun contexto de neutralidade ideolóxica, tolerancia e respecto, algo inaudito naqueles tempos de ditadura. As clases de literatura de Carvalho incluían con frecuencia filmes e documentais, pezas de zarzuela e ópera...

 

Ler o artigo completo en NÓSDiario

 

Colexio Fingoi, Aviación Española nº 37, 27002 Lugo  - secretaria@fingoi.com

Tel: 982 221 630 - 982 284 094

(9:00 a 16:00 h)