Exposición “Do lucense FRAGUAS ao lucense CARBALLO CALERO”

 

O Colexio Fingoi súmase á homenaxe que este próximo sábado día 31 de outubro fará a REAL ACADEMIA GALEGA a Ricardo Carvalho Calero ao que neste ano 2020 se lle dedica o DIA DAS LETRAS GALEGAS. No noso colexio temos a exposición “Do lucense FRAGUAS ao lucense CARBALLO CALERO” que nos permite facer un percorrido polos 9 anos que pasou Fraguas en Lugo e os 15 anos de D. Ricardo na nosa cidade nos que foi director do colexio Fingoi.


Fraguas (a quen se lle dedicou o día das Letras Galegas en 2019) chega a Lugo en 1950 despois de sufrir ostracismo polo seu galeguismo e incorpórase a docencia no Instituto Masculino. Carvalho chega no mesmo ano da man de D. Antonio Fernández para crear un colexio moi avanzado pedagoxicamente e enraizado no cerne do país. Nos tempos lucenses estes dous persoeiros  desenvolveron un importante labor intelectual e docente. Durante unha década coincidiron na cidade e D. Ricardo permaneceu até 1965, cinco anos máis que Antón Fraguas . Este foi o escenario do seu traballo e da creación das súas obras, piares fundamentais da cultura galega.

 

Xulio Xiz e Siña Fernández

 

 

Colexio Fingoi, Aviación Española nº 37, 27002 Lugo  - secretaria@fingoi.com

Tel: 982 221 630 - 982 284 094

(9:00 a 16:00 h)