Saída de 1º EP á exposición "Os nosos océanos"


Alumnas e alumnos de 1º de EP do Colexio fixeron unha saída  este mércores 9 de xuño de 2021 para ver a exposición “Os nosos océanos” de Afundacion.

Realizaron unha camiñada coas súas profesoras para achegarse até a praza Maior onde están situados os paneis da exposición.

 

 

As súas profesoras prepararonlles unha procura do tesouro por parellas para atopar  o animal que lle tocara a cada parella en foto. Logo visitaron toda a exposición e lembraron coñecementos adquiridos xa que comezaran o curso co proxecto dos océanos e agora pechan o curso traballando o día  Mundial dos océanos ( 8 de xuño) e visitando a exposición na primeira saída que puideron facer neste curso marcado polas medidas sanitarias contra a COVID.

 

 

Emocionados e contentos gozaron moito desta xornada!

Colexio Fingoi, Aviación Española nº 37, 27002 Lugo  - secretaria@fingoi.com

Tel: 982 221 630 - 982 284 094

(9:00 a 16:00 h)