O día 29 de decembro de 2021 entregáronse os premios ”Son Muller”, organizados pola Asociación de empresarias da provincia de Lugo e que renden homenaxe ás mulleres emprendedoras, empresarias e empresarias rurais.
Neste acto tamén tivo lugar un recoñecemento especial a Asunción Fernández Puentes (“Siña”), directora do Colexio Fingoi e cun papel destacado no eido empresarial e social tanto no propio Colexio Fingoi como na Granxa de Barreiros e o Centro de Música Fingoi.