Os grupos de 3º e 4º ESO da área de Imaxe e Son realizaron unha emisión de radio na mañá do 21 de decembro de 2021 que se puido escoitar en todas as aulas do Colexio a través da intranet. Ademáis, grupos reducidos de alumnos/as asistiron como público en directo no estudio habilitado na biblioteca.
A radio contou con público para escoitar en directo os programas.
A experiencia, que ven sendo habitual todos os anos antes das vacacións de Nadal, contou con entrevistas a profesores, noticias, información deportiva, de moda, carteleira de cine e programa de dedicatorias musicais.
Instante da entrevista de 3º ESO a Alba e Alberto.
Cabeceiras dos programas emitidos durante a mañá.