Celebración do Día de Rosalía 2022

 

O pasado mércores 23 de febreiro de 2022 o alumnado de infantil, primaria e secundaria realizou varias actividades para celebrar o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro (23 de febreiro de 1837).


Os alumnos de Primaria fixeron do día de Rosalía unha xornada de contacto coa natureza. Na horta do colexio plantaron  e escribiron pensamentos. Pintaron o día coas súas palabras, coas letras deseñadas para homenaxear a Rosalía cun caldo de gloria e para facer noso o lema: Sementar pensamentos. Sementamos pensamentos en liberdade:

 

Eu son libre.
nada pode conter a marcha dos meus pensamentos
e eles son a lei que rexe o meu destino.

Rosalía de Castro

 

Resumo das actividades do Día de Rosalía de primaria e secundaria

 

Alumnado de 1º e 2º EP na horta do Colexio Fingoi

 

Os alumnos de 1º e 2º de ESO participaron o 23 de febreiro de 2022 na celebración do día de Rosalía realizando unha saída até o Parque de Rosalía de Castro. Alí diante da estatua da poeta recitaron os seus versos. Foi un acto moi participativo no que, mesmo de maneira espontánea, se leron poemas de Rosalía ao vento da tarde.

Como decía o manifesto: “alimentamos a realidade do noso país a través da nosa lingua e das palabras que envolven a nosa diversidade social e cultural. Pensármonos na lingua de nosoutras é manter, transmitir e dignificar quen somos”.

 

Nenas de 2º ESO recitan poemas diante do busto de Rosalía

 

Os nenos e nenas de infantil debuxaron e traballaron as imaxes do caldo de gloria do poema de Rosalía de Castro “Miña casiña, meu lar”. Logo ao xantar comeron ese caldo do que falaba o poema.

 

Colexio Fingoi, Aviación Española nº 37, 27002 Lugo  - secretaria@fingoi.com

Tel: 982 221 630 - 982 284 094

(9:00 a 16:00 h)