Proxecto Cálculo da pegada ecolóxica

 

Pensamos no planeta: Levamos 7 anos reducindo as nosas emisións contaminantes a través dun proxecto posto en marcha polas alumnas e alumnos do centro dirixidos polo profesor de Bioloxía e Xeoloxía Alberto López. Pequenos xestos cotiás como a redución do consumo de auga, luz, papel, vir camiñando ao colexio ou compartir transporte diminúen a nosa pegada ecolóxica.

 


Estamos seleccionados 5 colexios de Galicia entre 172 de todo o Estado para participar no programa “Cálculo de la huella ecológica” da Fundación ENDESA. No colexio Fingoi sempre procuramos o coidado do medio, a sostibilidade e a concienciación do alumnado para acadar un mundo mellor para as xeracións futuras. Parabéns a toda a comunidade educativa do colexio porque entre todos aínda podemos conseguir mellorar estes resultados. Ser noticia da TVG  espalla esta iniciativa e cantos máis coidemos o contorno máis nos coidamos.

 

Noticia en TVG-Telexornal Galicia 25 febreiro 2022 (en min 41:58)

 

Noticia en La Voz de Galicia 25 febreiro 2022:

(toque para ampliar)

 

Noticia en El Progreso 25 febreiro 2022:

(toque para ampliar)

Colexio Fingoi, Aviación Española nº 37, 27002 Lugo  - secretaria@fingoi.com

Tel: 982 221 630 - 982 284 094

(9:00 a 16:00 h)