O día 3 de febreiro de 2022, o alumnado de 4º EP recibiu a visita dun arqueólogo. Alberto Rodríguez Costas no seu encontro coas alumnas e alumnos explicoulles en que consiste o seu traballo, como se realiza unha escavación arqueolóxica e as precaucións que hai que ter cos achados, os pasos a seguir e como se documentan e trasladan os restos atopados.
Tamén lles contou sobre os lugares do mundo que visitou, os fósiles e outros elementos que descubriu. Puideron observar de primeira man fósiles de estrelas de mar, pedras, restos de cerámica...froito do traballo de Alberto en lugares como Ecuador, Alemaña ou a India.
Esta visita completou o traballo realizado na clase sobre a arqueoloxía a través da lectura de materias e o visionado dun filme da serie de Indiana Jones.
Toda unha aventura ter con nós un arqueólogo que respondeu as preguntas dos rapaces e rapazas ávidos de coñecemento.