Hoxe día 15 de marzo de 2022 veu unha ambulancia da Cruz Vermella ao Colexio Fingoi. As alumnas e alumnos de infantil realizaron un taller de primeiros auxilios no que aprenderon os pasos máis importantes que hai que facer ante unha emerxencia sanitaria e completaron o seu traballo de clase sobre o corpo humano. Ampliaron información sobre os órganos e o seu funcionamento, sobre a importancia do coidado do noso corpo.
Ao final da sesión realizaron unha visita á ambulancia e puideron comprobar como traballa o persoal da Cruz Vermella e a importancia do seu labor tanto nos labores sanitarios cotiás como en situacións de emerxencia como foi o caso do volcán de La Palma ou a guerra en Ucraína.