Aroa Pernas, de 1º ESO, gaña o XXII Premio Muralla na categoría de debuxo

 

O grupo El Progreso concedeu os XXII premios Muralla para escolares galegos nas categorías de redacción e debuxo.

A muralla de Lugo construída como elemento defensivo e de protección é hoxe un símbolo de paz e de estabilidade. Converteuse no elemento emblemático da cidade, unha icona que representa os valores cívico-sociais da integración e a solidariedade. Para as xeracións máis mozas é un eixo vertebrador do cotiá  ao tempo que serve de base creativa.

Nesta edición dos premios, os membros do xurado indicaron que os traballos se  inspiraron en temas da actualidade: o conflito de Ucrania, a época pospandémica,  e valores como a igualdade, o coidado do medio e o empoderamento das mulleres.

O primeiro premio na categoría de debuxo foi para a nosa alumna de 1º de ESO Aroa Pernas Carballo cun traballo no que un rostro feminino dual preside a muralla.

A este certame concorreron 2.657 traballos (2.505 debuxos e 152 redaccións) de 44 centros de toda Galicia.

A arte, en todas as súas disciplinas, é unha canle de expresión que move conciencias e transforma realidades. Por iso fomentamos, desde o noso proxecto educativo,  a creación como forma de aprendizaxe e expresión persoal.

Parabéns á nosa alumna e ao profesor!

O labor do profesorado motivando e acompañando o desenvolvemento integral e persoal de cada alumno/a é fundamental no noso ideario.

 

Noticia en El Progreso 28 abril 2022 (descargar pdf)

Colexio Fingoi, Aviación Española nº 37, 27002 Lugo  - secretaria@fingoi.com

Tel: 982 221 630 - 982 284 094

(9:00 a 16:00 h)