No Colexio Fingoi estamos moi implicados co cumprimento de todas as medidas sanitarias indicadas polas autoridades e esiximos un estrito cumprimento das mesmas a toda a comunidade educativa dentro de todos os espazos do Colexio. Así mesmo realizamos unha ventilación continuada nos espazos pechados e aulas e mesmo implementamos máis medidas das obrigadas.
A comunicación da nosa vida diaria no centro coas familias é constante e moi fluída. Todos somos parte do proxecto educativo e a inmediatez e total transparencia das comunicacións ofrece seguridade e tranquilidade ás familias, forma parte da nosa actuación cotiá e corresponde á confianza depositada en nós.
A vida escolar protexe ao noso alumnado, como non podería ser doutro xeito, porque tratamos de cumprir os máximos esixidos concienciando aos alumnos e alumnas de que tamén nos restantes ámbitos da súa vida deben facer o mesmo. Esta loita contra o virus non servirá de nada si non interiorizamos que non serve de nada cumprir o establecido nuns ámbitos si e noutros non.
No Colexio Fingoi adoptamos todas as medidas necesarias para unha volta ao cole con seguridade:
- Realizada triple desinfección de todas as instalacións.
- Grupos reducidos deun máximo de 15 alumnos.
- Emprego obrigatorio de mascarilla en todo momento en todo o centro para os maiores de 6 anos.
- Grupos-burbulla en Educación Infantil e 1º EP.
- Garantizada unha distancia de seguridade mínima de 1.5 metros en todas as aulas.
- Xel hidroalcólico en todos os espazos.
- Horarios escalonados nas entradas, saídas, patios e comedores.
- Espazos lúdicos diferenciados nos recreos.
- Habilitada unha enfermaría para alumnado con sintomatoloxía.
Estas medidas son obxecto de revisión continua e de modificación, conforme ás disposicións das autoridades competentes.