O alumnado de Educación Primaria e 1º e 2º de ESO participou, os días 11 e 12 de maio, nunha actividade de iniciación ao judo no pavillón do colexio. Da man de adestradores do Club Lvcvs Dojo puideron coñecer esta arte marcial, considerada pola UNESCO como o mellor deporte formativo durante a infancia e xuventude. Dado o seu carácter eminentemente lúdico, os nenos e nenas gozaron dunhas sesións divertidas e moi produtivas.