Encontro de Fina Casalderrey con 1º ESO

O mes de maio é o mes das Letras. O mellor achegamento e celebración é aproximarnos ás nosas autoras e autores. O 9 de maio veu Fina Casalderrey a realizar un encontro cos alumnos e alumnas de primeiro de ESO. Ao longo deste curso neste grupo leron dous dos seus libros:

- Mutacións xenéticas, no que un rapaz se enfronta a descubrimentos incribles nasa súas primeiras vacacións sen os seus pais.
- O xenio da cidade do sal, no que Mozart visita Galicia e percorre o camiño de Santiago en 1768. O libro cun CD interpretado por Luis Soto propón un diálogo entre os cuartetos de Mozart para frauta e a música tradicional galega.

Fina Casalderrey dialogou cos alumnos, contoulles como se enfronta a cada nova obra, como influiu a súa infancia no seu devir como escritora e o seu labor como mestra ao longo dos anos. Eles plantexaron preguntas e comentaron estes dous libros coa autora. Un luxo compartir esta xornada.
Deixounos un libro asinado para a biblioteca do colexio. E as ganas de ler!!!! E de escribir!!!
Hai madeira para a escrita e a ilustración. Potenciamos a creatividade como base do desenvolvemento integral do noso alumnado.

Colexio Fingoi, Aviación Española nº 37, 27002 Lugo  - secretaria@fingoi.com

Tel: 982 221 630 - 982 284 094

(9:00 a 16:00 h)