Entrega Premios Muralla 2022

 

Aroa Pernas alumna de 1º de ESO recibiu o venres día 26 de maio o Premio Muralla 2022 do grupo El Progreso na modalidade de debuxo (ver noticia).
O traballo de Aroa representa  a cara dunha muller dual que sobresae por riba da muralla. O seu traballo  foi premiado entre 2.657 debuxos de 44 centros educativos de toda Galicia.


A muralla, que naceu como fortificación para protexer a cidade de posibles invasións, converteuse na inspiración para un traballo no que a autora puxo esforzo e imaxinación. A gañadora quixo mostrar na súa obra que “ sempre hai un lado malo das cousas, como a guerra de Ucraína, pero hai que tentar levalo ao lado bo”. E quixo amosar a muralla como un símbolo da paz.

 

O vicerrector de coordinación do Campus Terra da USC sinalou que “o debuxo e a redacción son moi importantes a idades temperás”. No noso colexio o desenvolvemento creativo do noso alumnado á parte fundamental dos nosos sinais identitarios.


Parabéns a todas e todos os participantes nestes premios que fan xirar a arte arredor da muralla anovando en cada edición os temas e preocupacións que o alumnado traslada ás súas obras.

Parabéns a Aroa e ao profesorado que alenta a creación!

Colexio Fingoi, Aviación Española nº 37, 27002 Lugo  - secretaria@fingoi.com

Tel: 982 221 630 - 982 284 094

(9:00 a 16:00 h)