O alumnado de 4º de ESO visitou o día 19 de maio a fábrica de VP Mascarillas, filial de Vrio Pack, na súa nave de O Ceao. Alí recibiron unha charla informativa na que lles explicaron o funcionamento da maquinaria coa que se fabrican as máscaras.
Dende esta empresa lucense comercializan os seus produtos a industrias, hospitais e consumidores finais en España, Europa e EEUU. Cada mes sacan ao mercado millóns de máscaras cirúrxicas e FFP2 con certificado europeo.
Realizaron un percorrido pola fábrica e recibiron unhas máscaras de agasallo. Protexerse sigue sendo unha medida de protexer tamén aos máis vulnerables.