Exposición Educar en feminino: un paseo pola Historia

 

Do 19 de maio ao 7 de xuño de 2022 tivemos no noso colexio a exposición EDUCACIÓN EN FEMININO: UN PASEO POLA HISTORIA realizada por alumnos do 1º curso do Grao en Mestra/Mestre de Educación Primaria e do Dobre Grao Mestra/Mestre de Infantil+Primaria. Unha visión histórica moi interesante do papel das mulleres na educación en diferentes lugares do mundo e coas experiencias anovadoras desenvolvidas en Galicia reflectidas.

Utilizamos a exposición como escusa para que o noso alumnado realizara unha pescuda no seu medio e nas súas familias sobre mulleres educadoras que tiveran cerca: nais, avoas.... mulleres que coñeceran e que se dedicaran ao ensino profesionalmente. Foi moi enriquecedor.
Como remate da actividade tivemos a visita de 2 avoas de alumnos que contaron a súa experiencia en 2 grupos:

Esther González no grupo de 3º de ESO (foto) e Gloria García no de 2º de ESO.

Para o alumnado foi un descubrimento escoitar, de primeira man, o que cambiou a ensinanza desde que elas comezaron a impartir clases en escolas rurais ou en centros urbanos hai décadas e confrontalo co momento actual. As anécdotas e vivencias persoais exemplificaron momentos de vida que hoxe os alumnos descoñecen.

Colexio Fingoi, Aviación Española nº 37, 27002 Lugo  - secretaria@fingoi.com

Tel: 982 221 630 - 982 284 094

(9:00 a 16:00 h)