Nas áreas de TICs e Física e Química levaron a cabo, estas últimas semanas, un proxecto interdisciplinar no que se deseñou un "Memory" cos diferentes elementos da táboa periódica. Dende a área de Física e Química os alumnos e alumnas de 2º de ESO fixeron unha investigación e selección da información e dende a área de TICs deseñaron as tarxetas que o conformarían coincidindo que estaban traballando na edición de imaxes.
O resultado foi moi satisfactorio e os alumnos e alumnas traballaron con entusiasmo tanto realizando as tarefas de investigación e deseño como realizando o propio xogo.