Nas Xornadas de Portas Abertas de Educación Infantil, os asistentes teñen a oportunidade de percorrer as aulas de 2, 3, 4 e 5 anos para coñecer as actividades habituais que desenvolven os nenos e nenas durante a súa xornada escolar.
Xoves 21 de febreiro de 2019, ás 17:30 horas
As persoas interesadas deberán confirmar previamente a súa presenza no teléfono 982 221 630.
Ademais, as nais e pais reciben unha explicación dos materiais empregados, a adecuación das instalacións ás necesidades dos pequenos e o proceso de ensinanza-aprendizaxe seguida.
As rutinas da vida cotiá, a atención e satisfacción das necesidades básicas, o xogo, a educación ambiental, a iniciación progresiva á linguaxe oral e escrito, o emprego do galego, castelán e inglés como idiomas vehiculares… son algunhas das características que se poderán coñecer durante o percorrido.
A visita remata percorrendo tamén algunhas aulas de Educación Primaria para deste xeito valorar a continuidade e coordinación pedagóxica seguida no Centro, as instalacións comúns e as estratexias que empregamos para que os seus fillos e fillas superen os cambios e se adapten ás novas situacións.