Durante o presente curso 2019-20, o Colexio Fingoi organizará unhas “XORNADAS SOBRE CULTURA DIXITAL” dirixidas a pais e nais de Educación Primaria do centro. O noso obxectivo é abordar diferentes aspectos sobre o uso de internet, os videoxogos e xogos en liña, redes sociais, etc... para saber que podemos facer para protexer aos nenos ante o mundo dixital e a nosa responsabilidade ante o uso que fan del.


As xornadas desenvolveranse ao longo do curso, aproximadamente una cada mes e medio, comezando en outubro e finalizando en maio.

 

As próximas sesións celebraranse

o martes 21 de ABRIL e o xoves 21 de MAIO de 2020.

 

A cuarta reunión celebrouse o 5 de marzo de 2020.

Estivo centrada no desenvolvemento das habilidades sociais e nas alteracións que produce un uso abusivo dos dispositivos dixitais. Falouse tamén da actividade física, a organización do tempo e do lecer como alternativas ao noso alcance. Esta sesión estivo a cargo de Ana Cloos, psicóloga do centro e de David Mouriz, profesor de educación física do colexio Fingoi.

 

 

A terceira reunión celebrouse o 27 de xaneiro de 2020.

Estivo a cargo de Sandra Balaguer (fisioterapeuta e osteópata) que explicou as consecuencias dunha sobre-exposición ás pantallas en idades temperás e a súa influencia no desenvolvemento cognitivo dos nenos.

 

 

 

A segunda xornada tivo lugar o luns 2 de decembro de 2019.

Nesta segunda sesión abordáronse cuestións relacionadas coa responsabilidade dos pais e nais ante os feitos realizados polos seus fillos en diferentes ámbitos, facendo fincapé na actividade dos nenos a través da rede. A sesión foi dirixida por Virginia Dilla, avogada, que falou dos deberes dos nenos que tamén recolle a lei de protección do menor.

 

 

A primeira charla tivo lugar o luns 21 de outubro.

Nesta primeira sesión realizouse a presentación das mesmas e informouse que serán coordinadas por pais e nais con fillos en Primaria e profesores do centro ao longo do curso. Os pais manifestaron inquedanzas, preocupacións e necesidades en torno ao manexo dos diferentes dispositivos electrónicos, a participación en xogos en liña por parte dos nenos e o acceso a Internet como fonte de información.

 

 

Para asistir, é necesario comunicalo PREVIAMENTE no correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., xa que a sala ten aforo limitado.

Ademáis, gustaríanos que nos fixésedes chegar as vosas preocupacións e inquietudes, para tentar buscar entre todos respostas.

Poodedes envialas a través do correo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

 

Colexio Fingoi, Aviación Española nº 37, 27002 Lugo  - secretaria@fingoi.com

Tel: 982 221 630 - 982 284 094

(9:00 a 16:00 h)