Charla de Educación para o desenvolvemento: Escuela Shantidi

 

O pasado día 15 de outubro de 2019, Pili, Marta e Araceli, membros da Escuela Shantidi deron unha charla de Educación para o Desenvolvemento no Colexio Fingoi ao alumnado de 1º e 2º ESO, nun ciclo de charlas organizadas por @fadas co @concellolugo e diferentes asociacións lucenses.

Os/as alumnos/as participaron moitísimo coas súas propostas e as relatoras quedaron gratamente impresionadas do compromiso dos nenos/as.

A misión da Escuela Shantidi, no ámbito da educación, é promover entre a xuventude unha cultura de solidariedade, xa que ela será a xeración que cumpra a promesa dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable. Desta forma axudamos a xerar conciencias críticas e a facer a cada persoa responsable e comprometida, a fin de construír unha nova sociedade comprometida coa solidariedade e participativa.

 

Colexio Fingoi, Aviación Española nº 37, 27002 Lugo  - secretaria@fingoi.com

Tel: 982 221 630 - 982 284 094

(9:00 a 16:00 h)