Entrega de diplomas do documental "La pandemia silenciosa"

 

Este pasado 24 de outubro de 2019 os alumnos e alumnas de 2º BAC, que realizaron o curso pasado o documental "La pandemia silenciosa" (ver noticia), recibiron no Salón de Actos do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) os diplomas oficiais que acreditan a labor prestada na divulgación dste problema de saúde mundial.

Ao acto asistiron a alcaldesa de Lugo, representantes do SERGAS e da Xunta de Galicia. Como final do acto, os asistentes foron obsequiados cun pequeno concerto da Coral do Hospital de Lugo.

 

Agradecimento dos alumnos/as a Tomás Barrero, colaborador do proxecto e enlace entre o grupo de alumnos e o sector sanitario.

 

Momento da entrega dos diplomas por parte das autoridades ao alumnado.

 

Foto grupal dos asistentes ao acto tras a entrega de diplomas.

 

Como sorpresa final do acto, a Coral do Hospital interpretou un pequeno recital.

 

 

 

Colexio Fingoi, Aviación Española nº 37, Lugo  - secretaria@fingoi.com -  Tel: 982 22 16 30