6º EI e 1º EP plantan árbores en Bóveda

 

O pasado 11 de outubro o alumnado de 6 de Educación Infantil e 1º de Primaria visitou a Aula Forestal de “Os Trollos” en Bóveda.
Nesta saída os rapaces e rapazas tiveron a oportunidade de plantar árbores e deste xeito aportar o seu graniño de area para que o noso planeta teña un aire máis limpo.
As árbores que se plantaron foron: carballos, salgueiros e cerdeiras.
Foi unha saída que nos serviu tanto para continuar concienciando aos nenos/as sobre o coidado do planeta, como para compartir un día con outros compañeiros/as do colexio nun entorno marabilloso..

 

 

 

 

Colexio Fingoi, Aviación Española nº 37, 27002 Lugo  - secretaria@fingoi.com

Tel: 982 221 630 - 982 284 094

(9:00 a 16:00 h)