Charla do antropólogo Xosé Ramón Mariño Ferro

 

“Que é a cultura?, que son os mitos?” Así deu comezo o faladoiro no que, o experto antropólogo e pensador, Xosé Ramón Mariño Ferro encandeou aos alumnos de  4º da ESO e 1º de Bacharelato o pasado 24 de outubro de 2019, indicando a utilidade dos mitos para a nosa cultura, mesmo nas sociedades contemporáneas.

Departiu sobre a universalidade do carácter  antropocéntrico presente en todas as sociedades, sobre esa visión falsa da muller como un ser inferior ao home e, polo tanto, carente de certos privilexios con respecto a este e confrontouno co feminismo.

Non só fixo unha achega ao mundo da antropoloxía, senón tamén ao mundo da educación a nivel xeral, poñendo como tese principal do seu pensamento o respecto ao outro, a aceptación do distinto. En definitiva,  situando a empatía no foco central dos estudos antropolóxicos, descentrándonos da nosa “fermosa e tecnificada” burbulla europea para comprender as diferentes e diferenciadas realidades daquelas sociedades distintas á nosa, ademais de entender as múltiples culturas que poden aparecer dentro dun mesmo espazo político.

 

Colexio Fingoi, Aviación Española nº 37, 27002 Lugo  - secretaria@fingoi.com

Tel: 982 221 630 - 982 284 094

(9:00 a 16:00 h)