4º ESO recibe formación para o II Torneo de Debate Académico (Fundación Barrié)

 

Debatir, ese acto no que normalmente dúas partes expoñen os seus argumentos, sempre defendidos con evidencias, para chegar a unha vitoria dialéctica, lévanos a pensar na grande importancia tanto do dominio da linguaxe como do poder da información á hora de incidir nunha realidade que se nos presenta incerta, ambivalente.


Con esta premisa os alumnos Álvaro, Julio, Lola, Uxía e Carlos de 4º ESO preséntanse ao II Torneo de Debate Académico de Galicia da Fundación Barrié, torneo do que tiveron a formación o pasado día 22 de novembro de 2019, por parte da propia Fundación. Dentro de dous meses darán comezo os primeiros debates, uns debates cuxa premisa será: “Democracia vs. tecnocracia, que sistema de goberno é máis apropiado para afrontar os retos do século XXI nos países membros da Unión Europea?”

 

+info: http://www.fundacionbarrie.org/torneo-debate

Colexio Fingoi, Aviación Española nº 37, 27002 Lugo  - secretaria@fingoi.com

Tel: 982 221 630 - 982 284 094

(9:00 a 16:00 h)