Homenaxe a Antonio Fernández López

 

Para o Colexio Fingoi é unha honra que este mércores 11 de decembro de 2019 fora homenaxeado o seu fundador, Antonio Fernández López. O acto tivo lugar no campus lucense da USC, onde foi inaugurado un busto coa súa imaxe na entrada da Facultade de Administración e Dirección de Empresas.

A homenaxe englóbase no marco da celebración do Día da Galeguidade Empresarial, unha efeméride promovida polo Foro Enrique Peinador que tamén serviu para lembrar o Congreso de Economía de Galicia de 1925. Antonio Fernández López naceu na cidade de Lugo en 1903 e durante a súa vida, que atravesou boa parte do século XX, representou un claro exemplo de empresario galeguista e comprometido co desenvolvemento económico, social, educativo e cultural de Lugo.

 

Portada del diario ElProgreso del jueves 12 diciembre 2019

 

>> Ver artigo completo en ElProgreso.es

 

>> Ver artigo completo en praza.gal

 

Fillos e fillas de Antonio Fernández López xunto ao busto do seu pai.

 

Colexio Fingoi, Aviación Española nº 37, Lugo  - secretaria@fingoi.com -  Tel: 982 22 16 30