Viaxe de estudos de 2º BAC a Madrid (dec 2019)

 

Os pasados 17, 18 e 19 de decembro de 2019, o alumnado de 2ºBAC, acompañado de varios profesores do centro, realizaron unha viaxe de estudos a Madrid cun amplo programa relacionado cos contidos que se están a traballar nas diferentes materias. Así, puideron visitar e coñecer o funcionamento do Congreso dos Deputados, realizar unha ruta sobre a vida de Lorca na capital, coñecer o Madrid romántico e isabelino da man da raíña dos Tristes Destinos, facer un percorrido pola pintura dos séculos XIX e XX no Museo Thyssen e visitar o MUNCYT, ademais de realizar un safari urbano para coñecer a street art do barrio de Lavapiés. Tamén houbo tempo para o ocio cun monólogo do actor Pau Roca e co musical Billy Elliot.

 

 

 

Colexio Fingoi, Aviación Española nº 37, 27002 Lugo  - secretaria@fingoi.com

Tel: 982 221 630 - 982 284 094

(9:00 a 16:00 h)