Día das Letras Galegas 2020: Ricardo Carvalho Calero, director do Colexio Fingoi

Este ano 2020, a Real Academia Galega dedica o Día das Letras Galegas á figura de Ricardo Carballo Calero.

 

Trinta anos custou que se lle dedicase a Carvalho o Día das Letras Galegas. A crise sanitaria da Covid-19 fará desta festa outra cousa. Non é doado saber se o autor soñaba con ser homenaxeado nesa data. O que non podería deixar de celebrar é o xeito no que o día lembra a fundación da literatura galega moderna nese libro chamado Cantares gallegos que, saíu do prelo o 17 de maio de 1863, e ao que el lle dedicou non poucas páxinas. Entre elas, unha edición filolóxica e o seu discurso de ingreso na Real Academia Galega. Pero cómpre lembrar que, como institución, o Día das Letras non naceu como homenaxe a unha autora, senón como homenaxe a unha obra.

Sexa a produción ensaística e literaria de Carvalho, segundo a súa última vontade, a que fale por el. E medre a nosa cultura como unha desas árbores, só en aparencia fendidas, que precisan dos seus dous troncos para sobrevivir.

 

VER BIOGRAFÍA CARVALHO CALERO

 

 

IR Á SECCIÓN DE NOTICIAS

LETRAS GALEGAS 2020

 

 

Con motivo desta celebración, o pasado martes 14 de xaneiro de 2020 ás 20:00 horas na Deputación Provincial de Lugo tivo lugar a conferencia: Carballo Calero e a renovación didáctica do Colexio Fingoi, impartida por Ramón Reimunde.

 

 

Ademais, do xoves 16 ao 21 de xaneiro puido visitarse no Colexio Fingoi a exposición titulada "CARBALLO CALERO EN LUGO. Don Ricardo de Fingoi", organizada polo colectivo EGERIA, baixo a coordinación de Xulio Xiz, e co patrocinio da Xunta de Galicia, Xacobeo 2021 e Real Academia Galega.

VER INFO INAUGURACIÓN EXPOSICIÓN



 

 

+ INFO:

Para coñecer a súa BIOGRAFÍA pode consultar a página da REAL ACADEMIA GALEGA.

As súas principais OBRAS poden consultarse na web da EDITORIAL GALAXIA.

Colexio Fingoi, Aviación Española nº 37, 27002 Lugo  - secretaria@fingoi.com

Tel: 982 221 630 - 982 284 094

(9:00 a 16:00 h)