UNHA EDUCACIÓN PARA A VIDA

 

Nas Xornadas de Portas Abertas de Educación Infantil, os asistentes teñen a oportunidade de percorrer as aulas de 2, 3, 4 e 5 anos para coñecer o noso centro e as actividades habituais que desenvolven os nenos e nenas durante a súa xornada escolar.

 

Mércores 12 febreiro 2020, ás 17:00 horas

Inscrición previa no tel: 982 221 630

 

Ademais, as nais e pais reciben unha explicación dos materiais empregados, a adecuación das instalacións ás necesidades dos pequenos e o proceso de ensinanza-aprendizaxe seguida.

As rutinas da vida cotiá, a atención e satisfacción das necesidades básicas, o xogo, a educación ambiental, a iniciación progresiva á linguaxe oral e escrito, o emprego do galego, castelán e inglés como idiomas vehiculares… son algunhas das características que se poderán coñecer durante o percorrido.

 

 

ASÍ TRABALLAMOS:

 

- Cunha pedagoxía da vida cotidiá que concibe a educación como unha TAREFA COMPARTIDA coa FAMILIA.

- Con GRUPOS REDUCIDOS que permiten levar a cabo unha Pedagoxía da Escoita e manter unha actitude observadora cara ás necesidades de nenas e nenos, respectando o seu RITMO INDIVIDUAL DE MADURACIÓN e favorecendo a súa AUTONOMÍA.

- PEQUENOS PROXECTOS en torno aos intereses do alumnado.



- METODOLOXÍA VIVENCIAL a través de talleres de: experimentación plástica, cociña, ciencias, psicomotricidade, lóxica matemática, etc.

- AULAS ORGANIZADAS EN AMBIENTES E RINCÓNS. Planificamos os espazos para proporcionar ocasións de xogo, descubrimento e desenvolvemento da autonomía.

- ACHEGAMENTO á LECTOESCRITURA desde propostas construtivistas.

 



- Especial atención ao PERÍODO DE ADAPTACIÓN e ritos e rutinas da vida cotiá (aseo, alimentación, descanso).

- XORNADAS DE ACOLLIDA ao comenzo de cada curso escolar, así como períodos de adaptación coas familias que comezan o curso na aula de 2 anos.

- RESPECTO á LINGUA MATERNA e introducción da primeira lingua estranxeira en situacións cotiás (inglés a partires dos 2 anos).

 



- Especialistas en INGLÉS e MÚSICA.

- Actividades en CONTORNOS NATURAIS (horta, estanque e bosque) para dar importancia á educación na natureza.

- SAÍDAS ao contorno e estancias de EDUCACIÓN AMBIENTAL na Granxa Escuela de Barreiros.

- A nosa COMIDA é de ELABORACIÓN PROPIA con produtos sans e de temporada, parte de eles procedentes da HORTA ECOLÓxICA da nosa GRANXA DE BARREIROS.



A visita remata percorrendo tamén algunhas aulas de Educación Primaria para deste xeito valorar a continuidade e coordinación pedagóxica seguida no Centro, as instalacións comúns e as estratexias que empregamos para que os seus fillos e fillas superen os cambios e se adapten ás novas situacións.

Colexio Fingoi, Aviación Española nº 37, Lugo  - secretaria@fingoi.com -  Tel: 982 22 16 30