Saída de 3º e 4º ESO a Santiago de Compostela

 

O alumnado de 3 e 4º da ESO realizou o pasado 12 de decembro de 2019 unha saída a Santiago de Compostela para asistir á representación teatral do Centro Drámático Galego da obra “Se fosen turistas levarían gafas de sol”, comedia sobre a memoria da emigración. Ademais o grupo difrutou dunha visita guiada na Cidade da Cultura, da exposición “Galicia, un relato no mundo”. Alí tiveron ocasión de ver pezas de moito valor histórico como os Códices Calixtinos ou o mapa de Sawley (do século XII), entre outros.

 

Colexio Fingoi, Aviación Española nº 37, 27002 Lugo  - secretaria@fingoi.com

Tel: 982 221 630 - 982 284 094

(9:00 a 16:00 h)