Charlas informativas de prevención e seguridade cidadá

 

O alumnado do Colexio Fingoi asistiu os días 20, 21, 22 e 23 de xaneiro de 2020 a charlas sobre delitos de odio, adicións, perigos das novas tecnoloxías, acoso escolar e efectos penais das drogas e alcool dentro do Plan de Acción Titorial do centro.


Rubén Darío Veiga Arias, delegado de Participación Cidadá e responsable do Plan Director para a Convivencia e mellora da seguridade dos centros educativos e as súas contornas, impartiu ditas charlas ó alumnado de 5º e 6º EP, ESO e Bacharelato.

 

Colexio Fingoi, Aviación Española nº 37, Lugo  - secretaria@fingoi.com -  Tel: 982 22 16 30