1º e 2º EP visita as oficinas de Correos

 

O alumnado de 1º e 2º de EP, realizou o 24 de Xaneiro de 2020, unha saída conxunta para visitar as instalacións de Correos en Lugo. O motivo foi un proxecto colaborativo de escritura no que participan ambos cursos, e no que, entre outras cousas,  traballaron técnicas de escritura epistolar, organización da información nunha carta e preparación para enviarlla a un compañeiro/a.

En Correos, despois de botar as cartas no buzón, puideron: visitar a oficina, descubrir como está organizada por dentro, poñer o cuño ás cartas, clasificación e organización e os diferentes pasos e traxectos que a carta segue até chegar ao seu destino... unha visita moi agradable á que se sumou poder camiñar dende o colexio pola nosa cidade, a pesares do frío.

 

Colexio Fingoi, Aviación Española nº 37, Lugo  - secretaria@fingoi.com -  Tel: 982 22 16 30