Día 8 de xuño: Día Mundial dos océanos

 

A celebración do Día Mundial dos Océanos das Nacións Unidas chega este ano en forma de evento en liña producido en asociación con Oceanic Global..

A programación do día e os eventos posteriores que terán lugar durante a semana mundial dos océanos a partir do 8 de xuño, explorará innovacións en categorías como tecnoloxía, infraestrutura de sistemas, xestión de recursos, produtos de consumo, finanzas e exploración científica, e describirá como se poden aplicar estas innovacións, o seu impacto potencial e os recursos necesarios para transformalas en solucións duradeiras.

 

Pode coñecer o calendario dos eventos a celebrar AQUÍ:

 

O tema deste ano é especialmente relevante no desenvolvemento da Década das Ciencias dos Océanos para o Desenvolvemento Sostible das Nacións Unidas, que terá lugar entre 2021 e 2030. A década reforzará a cooperación internacional para desenvolver investigacións científicas e tecnoloxías innovadoras que poidan conectar a ciencia dos océanos coas necesidades da sociedade.

Cada vez máis, a saúde do océano está intimamente ligada á nosa. Algunha información  pode sorprendernos:  os organismos descubertos a profundidades extremas úsanse para acelerar a detección de COVID-19, e o que podería ser aínda máis sorprendente, que se trata dun ecosistema que podería proporcionar solucións para a humanidade.

Os océanos absorben preto do 30% do dióxido de carbono producido polos humanos, amortecendo os impactos do quecemento global e serven como a maior fonte de proteínas do mundo.

 
As declaracións de Antonio Guterres, Secretario Xeral das Nacións Unidas, levan á reflexión e toma de conciencia da necesidade de protección do medio mariño.

 

 

Pode acceder a máis información en: https://www.un.org/es/observances/oceans-day

 

Colexio Fingoi, Aviación Española nº 37, Lugo  - secretaria@fingoi.com -  Tel: 982 22 16 30