I Exposición de fotografía Abstracta

 

O alumnado de 4º ESO da área de Imaxe e Son presenta a I Exposición de Fotografía Abstracta.
Imaxes que nos permiten ver o mundo dun modo diferente, onde as cores, formas e texturas adquiren todo o protagonismo.


Fotografías que incitan á reflexión, a agudizar a mirada para tratar de atopar nas seu interior respostas visuais aos nosos conceptos previos. Tratando de construír unha realidade a partir da visión da outra persoa, establecendo unha ponte creativa entre a persoa creadora e a persoa espectadora.

Algunhas das imaxes da exposición foron empregadas na serie de videopoemas de Carvalho Calero realizados polo alumnado de distintos cursos do Colexio Fingoi con motivo da celebración do Día das Letras Galegas 2020. Os videopoemas están dispoñibles na conta de instagram do Colexio Fingoi: @colexiofingoi.

 

 

Colexio Fingoi, Aviación Española nº 37, Lugo  - secretaria@fingoi.com -  Tel: 982 22 16 30