COIDAR A TERRA

 

Cada 17 de xuño celebramos o Día Mundial para Combater a Desertificación e a Sequía co fin de concienciarnos sobre as iniciativas internacionais para aminorar estes fenómenos.

É unha oportunidade para recordar que se poden atopar solucións coa participación de todas e todos.

A desertificación é a degradación da terra nas zonas áridas, semiáridas e subhúmedas secas. Está causada fundamentalmente pola actividade humana e as variacións climáticas.  Prodúcese pola vulnerabilidade dos ecosistemas de zonas secas, que cobren un terzo da superficie do planeta, a sobrexplotación e o uso inadecuado da terra.

A pobreza, a inestabilidade política, a deforestación, o sobrepastoreo e as malas prácticas de rego afectan negativamente á produtividade do chan. Está en nós facer pequenos cambios que dean lugar a grandes mudanzas na pel do noso planeta.

Coidemos a terra: É A NOSA CASA.

 

MÁIS INFORMACIÓN na páxina da ONU adicada ao DÍA MUNDIAL CONTRA A DESERTIFICACIÓN.

Colexio Fingoi, Aviación Española nº 37, Lugo  - secretaria@fingoi.com -  Tel: 982 22 16 30