No Colexio Fingoi estamos moi implicados co cumprimento de todas as medidas sanitarias indicadas polas autoridades e esiximos un estrito cumprimento das mesmas a toda a comunidade educativa dentro de todos os espazos do Colexio. Así mesmo realizamos unha ventilación continuada nos espazos pechados e aulas e mesmo implementamos máis medidas das obrigadas.
A comunicación da nosa vida diaria no centro coas familias é constante e moi fluída. Todos somos parte do proxecto educativo e a inmediatez e total transparencia das comunicacións ofrece seguridade e tranquilidade ás familias, forma parte da nosa actuación cotiá e corresponde á confianza depositada en nós.
A vida escolar protexe ao noso alumnado, como non podería ser doutro xeito, porque tratamos de cumprir os máximos esixidos concienciando aos alumnos e alumnas de que tamén nos restantes ámbitos da súa vida deben facer o mesmo. Esta loita contra o virus non servirá de nada si non interiorizamos que non serve de nada cumprir o establecido nuns ámbitos si e noutros non.