O xornal El Progreso e a Confederación Hodrográfica Miño-Sil entregaron os premios do concurso Pon tu gota de agua

A educación ambiental e a complicidade e coidado co medio quedaron claramente mostrados nos relatos dos catro escolares gañadores. O certame dirixido a alumnas e alumnos de Primaria e ESO debía mostrar a importancia da conservación do noso patrimonio natural vinculado coa auga como ben básico para o desenvolvemento da vida.

 

En secundaria o primeiro premio foi para a nosa alumna de 1º de ESO Alejandra Pérez-Batallón Puente co relato Agatrina e a auga, unha historia sobre os riscos do emprego irracional da auga e a necesidade de facer dela un aproveitamento controlado, consciente e solidario.

O segundo premio da etapa de educación primaria foi para Só unha pinga, de Irene Abeledo Yukhnevich, alumna de quinto de primaria do noso colexio.


Parabéns ás nosas alumnas!!

 A arte en calquera das súas disciplinas é unha canle de expresión que move conciencias e transforma realidades. Por iso fomentamos, desde o noso proxecto educativo,  a creación como forma de aprendizaxe e expresión persoal.

 

>> Ver Noticia en El Progreso.es


Colexio Fingoi, Aviación Española nº 37, 27002 Lugo  - secretaria@fingoi.com

Tel: 982 221 630 - 982 284 094

(9:00 a 16:00 h)