Exposición Letras Galegas 2021: Xela Arias

Esta semana de volta das vacacións reencontrámonos no colexio. Voltamos co impulso dos aires da primavera... e cos ollos postos na celebración das Letras Galegas deste ano 2021 tamén diferentes aínda.

 

Tivemos a sorte de achegarnos a XELA ARIAS: “aquela nena de Sarria” a través dunha exposición realizada polo colectivo EGERIA que nos achega á nenez de Xela en Barreiros, en Lugo, no colexio Fingoi e en Vigo... Xela que estudou aquí,  que,  dende a infancia, sentiu a inquedanza de escribir é unha poeta enraizada nos libros, no amor á nosa lingua e á nosa cultura e unha escritora esixente, comprometida e cunha fonda sensibilidade. A súa poesía énchenos "de forza contra o pánico” por ver se conseguimos ser ”o globo terráqueo pousado nos raios do sol".

+ INFO da exposición de Xela Arias na web do Colectivo Egeria.

 

Asunción Fernández Puentes "Siña", Xulio Xiz e Veva Caeiro na presentación da exposición.

 

Paneles informativos da exposición.

 

Siña explica ao alumnado de 3º ESO o paso de Xela Arias pola Granxa de Barreiros e polo Colexio Fingoi nos anos 60.

Colexio Fingoi, Aviación Española nº 37, 27002 Lugo  - secretaria@fingoi.com

Tel: 982 221 630 - 982 284 094

(9:00 a 16:00 h)