Os Maios no Colexio Fingoi

As nenas e os nenos de Educación Infantil do colexio Fingoi quixemos celebrar a chegada da primavera e do mes de maio e saimos ao noso bosque onde fixemos un MAIO CON FENTOS, FIUNCHO E FLORES. Decorámolo con laranxas e quedounos ben bonito. Logo alí, ao seu pé, cantamos e danzamos.

 

A primavera é o renacer da natureza. Ben o puidemos observar na nosa horta e no bosque do cole, onde recollemos moito material para o noso MAIO.

Estamos celebrando que os paxaros nos seus niños xa están criando e tamén nós temos que traballar e coidar a nosa horta: sementamos, plantamos e regamos.... a alegría está na natureza no seu ciclo máis anovador.

 


Unha galiña trouleira pegounos as ganas de bailar e aló fomos como María Balteira, a bailadora primeira, que non se asustaba nin cando lle facían BU!!!!! E bailaba o AEIOU!!!!.

Bailaron e ben bailaron e celebraron o maio os nenos, as nenas, as profes e o profe de baile e a choiva escampou.

 

 

Colexio Fingoi, Aviación Española nº 37, 27002 Lugo  - secretaria@fingoi.com

Tel: 982 221 630 - 982 284 094

(9:00 a 16:00 h)