A alumna do Colexio Fingoi Carla Herrero Morejón de 2ª ESO resultou gañadora do concurso ILUSTRAR-NÓS convocado pola Deputación de Lugo no apartado de alumnos de 1º e 2º de ESO.
A entrega de premios tivo lugar o 28 de maio de 2021 ás 19:00 horas no Pazo da Deputación de Lugo.
Carla estivo acompañada dos seus pais e irmaos, así como do seu profesor de plástica Ignacio López. Ao acto asistiron tamén outros profesores do Colexio.
O seu traballo é unha mostra do seu enorme talento creativo e incide na extraordinaria importancia que ten o traballo creativo no desenvolvemento educativo das nosas nenas e nenos. Algo que coidamos especialmente no noso Colexio dende sempre tratando de potenciar as súas capacidades e habilidades.
¡¡Parabéns a Carla e ao seu profesor de plástica, guía dos camiños das artes!!
<< + info na web da Diputación de Lugo >>