6º EP recibe á escritora Silvia Salgado

O martes 15 de maio de 2021 estivo no noso colexio a escritora Silvia Salgado nun encontro cos alumnos e alumnas de 6º de Educación Primaria.

 

Faloulles da súa novela “La aldea” na que unha arquitecta muda de vida radicalmente e marcha a China a reconstruír unha aldea en Chengdu, destruída no terremoto de 2008. Nun ou noutro momento, todos sufrimos un terremoto nas nosas vidas. A todos “se nos rompe el suelo alguna vez” di Silvia e para volver a empezar, hai que reconstruír os alicerces.
No encontro no que os nosos lectores e lectoras debullaron os seus libros preferidos realizouse un taller de escritura e creouse un cadáver exquisito. Foi unha mañá na que voaron as palabras...


Silvia Salgado naceu en Badalona en 1974. É Licenciada en Ciencias Políticas e ten un Máster en Xornalismo pola Universidade de Barcelona e a Columbia University de Nova York. É autora das novelas Mientras hilan las mariposas, El intermedio que somos, La aldea e do conto ilustrado Cuéntame un cuento, ¡yo te lo pinto!.

 

Colexio Fingoi, Aviación Española nº 37, 27002 Lugo  - secretaria@fingoi.com

Tel: 982 221 630 - 982 284 094

(9:00 a 16:00 h)