Encontro musical de Mero con 4º ESO

O mércores 16 de xuño de 2021 a música acompañou á poesía no noso colexio.

 

Rematando as clases de Lingua Galega e Literatura, as alumnas e alumnos de 4º de ESO tiveron a ocasión de escoitar musicados algúns dos poemas que traballaron durante o curso en clase.

Mero mantivo un encontro co alumnado de 4º ESO no que foi abordando a escritores e escritoras lucenses con obra publicada dende mediados do século XX. Na súa intervención foi intercalando os seguintes temas:

- A dorna, de Cunqueiro.
- Ai amor, de Neira Vilas.
- Volvín á terra, de Bernardino Graña.
- Penélope, de Xosé Mª Díaz Castro.
- O Carro, de Manuel María.

Nas interpretacións musicais estivo acompañado polas profesoras Paloma Suances (voz e guitarra), Tania Capón (voz e violín) e os alumnos Pablo Botana (darbuka), Candela Cabanas (violín) y Andrés Mosquera (violín).

 

 

Mero, profesor, cantante e escritor ten unha moi longa traxectoria musical. Formou parte de bandas tan relevantes como Fuxan os ventos e A Quenlla dende os anos setenta do século XX e segue a ser unha figura fundamental da música galega ao tempo que como escritor ten unha visión moi didáctica e interesante da nosa literatura.

 

Colexio Fingoi, Aviación Española nº 37, 27002 Lugo  - secretaria@fingoi.com

Tel: 982 221 630 - 982 284 094

(9:00 a 16:00 h)