Viaxe de estudios de 2º ESO (maio 2022)

O grupo de 2º de ESO saíu o 9 de maio cara unha viaxe de dous días a terras ourensás. A ledicia pola recuperación desta actividade era evidente e uníase á emoción da propia experiencia despois de 2 cursos sen poder facelas.

Foron días intensos, cheos de aprendizaxes e de momentos de complicidade. O primeiro día o obxectivo foi visitar a igrexa de Santa Comba de Bande, o campamento romano de Aquis Querquennis e as caldas romanas. Realizouse un percorrido histórico cronolóxico: do pasado romano (que recoñecían pola propia orixe e polo traballo realizado na materia de Xeografía e Historia) á ligazón coa arte visigoda.

O segundo día en Celanova iniciou a xornada  un marabilloso concerto de órgano no mosteiro de San Salvador e a visita á capela mozárabe de San Miguel, unha xoia encaixada no propio mosteiro. Facendo das letras a bandeira recitáronse poemas de Celso Emilio na biblioteca do Instituto e de Curros Enríquez na Casa dos Poetas. Quedou aínda tempo suficiente para coñecer Vilanova dos Infantes e Castromao.

Aprender vendo e recoñecendo nos lugares visitados o preparado nas clases. Un éxito a pesares da calor!

Colexio Fingoi, Aviación Española nº 37, 27002 Lugo  - secretaria@fingoi.com

Tel: 982 221 630 - 982 284 094

(9:00 a 16:00 h)