1º EP visita o planetario de A Coruña

 

O pasado día 31 de maio os nosos alumnos e alumnas de 1º de EP visitaron o Planetario da Casa das Ciencias de A Coruña. Foi unha visita que deu remate ao seu proxecto de aula dedicado ao estudo e coñecemento do espazo.
No Planetario fixeron unha viaxe polo espazo e polo tempo, aprenderon a mirar o ceo por si mesmos e a realizar a identificación de astros.


Asistiron a unha proxección na cúpula. Na escuridade do Planetario asoman as estrelas visibles a simple vista, a Lúa e os planetas, conseguindo achegar o coñecemento do universo e a astronomía aos escolares.
Aprenderon moito tamén dos experimentos que realizaron na visita  aos distintos andares da Casa das Ciencias.

Para rematar a visita sacaron unha foto ao lado da árbore clónica da maceira da variedade flor de Kent que coidaba Isaac Newton na súa casa de Woolsthorpe en Inglaterra e que o levou a formular a teoría da atracción dos corpos e a gravitación universal coa caída dunha mazá ao chan. Esta árbore medra vizosa no planetario da Coruña dende 2005 sendo o primeiro exemplar descendente da árbore orixinal que se plantou en España.

Colexio Fingoi, Aviación Española nº 37, 27002 Lugo  - secretaria@fingoi.com

Tel: 982 221 630 - 982 284 094

(9:00 a 16:00 h)