O día 1 de xuño o grupo de 2º de EP visitou a aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias da USC como complemento ao Proxecto de Nutrición que comezaran no 2º trimestre.
A visita contou cun percorrido guiado pola planta con explicacións sobre o funcionamento da maquinaria e a súa relación cos produtos que elaboran: batidos, iogures, queixo, leite en po, arroz con leite, “natillas”… Logo realizaron un obradoiro de queixería no que aprenderon sobre o tempo de maduración, a pasteurización do leite, o sistema de afumado, ou a temperatura de conservación. Fixeron unha cata e un taller de queixos.
Ao final da visita apareceu Máximus, a mascota do Breogán, que saudou aos alumnos e alumnas e fixo unha foto co grupo.
Volveron ao cole cunha experiencia e unha aprendizaxe moi interesante e cun montón de produtos lácteos e outros obxectos de agasallo.
Foi unha visita moi proveitosa …e rica!!.