3º ESO realiza etapa do Camiño de Santiago

 

Os alumnos e alumnas de 3º de  ESO realizaron a etapa do Camiño de Santiago comprendida entre Triacastela e Samos. Despois de ser recibidos no Concello pola alcaldesa Olga Iglesias e de percorrer a localidade comezaron a andaina deixando á esquerda o monumento ao peregrino e cruzando o río Sarria.


Pasando por San Xil rumbo a Samos percorreron unha cadea de pequenas localidades de fonda tradición xacobea: A  Balsa, Montán, Pintín, Calvor e San Mamede do Camiño, San Cristobo do Real, Renche, Lastres e Freituxe… Durante a camiñada puideron gozar de fermosas paisaxes, robustos e centenarios castiñeiros, e numerosos exemplos da arquitectura popular do noso país.


Tras unha serie de baixadas pronunciadas Samos amosouse fermoso e rotundo co mosteiro de Samos, espectacular asombrando as olladas curiosas. A capela do ciprés e a súa sinxelexa foron xa case o final. En Teiguín rematou esta etapa que alimentou de experiencias ao noso grupo e encheu de natureza outoniza os ollos dos e das camiñantes.

Colexio Fingoi, Aviación Española nº 37, 27002 Lugo  - secretaria@fingoi.com

Tel: 982 221 630 - 982 284 094

(9:00 a 16:00 h)