2º EP visita o apiario de Teixeiro

 

O día 8 de novembro de 2022 os alumnos e alumnas de 2º de EP realizaron unha saída ao Apiario de Teixeiro en Outeiro de Rei.

Traballouse na aula a importancia das abellas na natureza como os insectos polinizadores máis importantes das plantas con flores e  axentes do bo estado do noso medio natural.  Estudouse o seu modo de vida, anatomía, hábitat, costumes. Unha vez que rematou a recollida do mel no mes de outubro, a visita serviu para que os nosos alumnos e alumnas recibiran unha charla informativa na que resolveron tamén as súas propias dúbidas. Puideron ver unha colmea preparada para ver o interior da mesma e viron como se organiza xerarquicamente esta comunidade.

Rematou a visita coa experiencia de que o alumnado puidera vestir un traxe de apicultor e  realizouse unha cata de mel  con pan doce e saborosa.

Foi unha mañá de aprendizaxe práctica sobre  uns insectos importantísimos. Unhas produtoras de mel e de pole que danzan para comunicarse e nos amosan que o traballo colaborativo e altruístico son esenciais para calquera comunidade. 

Colexio Fingoi, Aviación Española nº 37, 27002 Lugo  - secretaria@fingoi.com

Tel: 982 221 630 - 982 284 094

(9:00 a 16:00 h)